Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 13 de setembro de 2017 Páx. 42318

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2017 pola que se anuncia a formalización do contrato da subministración sucesiva e por prezo unitario de consumibles para impresoras, mediante tramitación documentalmente simplificada.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, Cixtec.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do Cixtec.

c) Número de expediente: 2017-016

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva e por prezo unitario de consumibles para impresoras, mediante tramitación documentalmente simplificada.

c) CPV: 30125100-2.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 16.6.2017.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 92.000,00 €.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 92.000,00 €.

b) Importe total: 111.320,00 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 22.8.2017.

b) Data de formalización do contrato: 24.8.2017.

c) Contratista: VSM Sistemas Coruña, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 91.307,14 euros. Importe total: 110.481,64 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2017

Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable