Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 13 de setembro de 2017 Páx. 42320

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 16 de agosto de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se anuncia a licitación do servizo de xestión, subministración de contedores, transporte, tratamento e eliminación de residuos (expediente AB-EIP1-17-003).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Enderezo: avenida de Vigo 16.

3º. Localidade e código postal: Pontevedra 36003.

4º. Teléfono: 986 88 51 33.

5º. Telefax: 986 88 58 85.

6º. Correo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención da documentación e información: ata a data límite da presentación das ofertas, todos os días laborables, das 9.00 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: AB-EIP1-17-003.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de xestión, subministración de colectores, transporte, tratamento e eliminación dos residuos xerados nos centros pertencentes á EOXIPS.

c) División por lotes e número de lotes: tres.

d) Lugar de execución/entrega: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

1º. Domicilio: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

2º. Localidade e código postal: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de execución: 12 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV (referencia da nomenclatura): 90513000-6; 90500000-2; 90520000-8 e 90524400-0.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, multicriterio e regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación:

Lote 1:

– Medios achegados e organización do servizo: ata 20 puntos.

– Oferta económica: ata 78 puntos.

– Carga en aplicativa GAIA de residuos reciclables: ata 2 puntos.

Lote 2:

– Impacto ambiental e plan de calidade na xestión do servizo: ata 8 puntos.

– Medios achegados e organización do servizo: ata 7 puntos.

– Control, seguimento e informes do servizo: ata 5 puntos.

– Oferta económica: ata 72 puntos.

– Plan de formación ao persoal da EOXIPS: ata 4 puntos.

– Realización de auditorías de residuos: ata 4 puntos.

Lote 3:

– Impacto ambiental e plan de calidade na xestión do servizo: ata 8 puntos.

– Medios achegados e organización do servizo: ata 7 puntos.

– Control, seguimento e informes do servizo: ata 5 puntos.

– Oferta económica: ata 80 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 723.852 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 241.284 €.

b) Importe total: 265.412,40 €.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva (%): cinco por cento do importe de licitación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos especificos do contratista:

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso:

– Solvencia económica e financeira, criterio: abondará que nun do tres últimos exercicios se supere a contía sen IVE do importe do lote ou os lotes (suma total) dos importes de licitación a que presente oferta.

Lote 1: 100.368 €. Lote 2: 126.412 €. Lote 3: 14.504 €.

– Solvencia técnica ou profesional, criterio: o licitador considerarase solvente coa presentación de, polo menos, un traballo ou servizo de igual ou similar natureza ca os que constitúen o obxecto do contrato e cuxo importe supere a contía anual de licitación (IVE excluído) do lote ou lotes a que presente a oferta.

Lote 1: 100.368 €. Lote 2: 126.412 €. Lote 3: 14.504 €.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite da presentación: 25 de setembro de 2017.

b) Modalidade de presentación: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

2º. Enderezo: rúa Loureiro Crespo 2.

3º. Localidade e código postal: Pontevedra 36001.

4º. Enderezo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

d) Admisión de variantes, se procede: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: procederase á apertura dos sobres B e C e darase lectura ás propostas.

b) Enderezo: publicarase no perfil do contratante.

c) Localidade e código postal: publicarase no perfil do contratante.

d) Data e hora: a data e a hora da realización da apertura dos sobres B e C publicaranse no perfil do contratante: www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario (ver o prego de cláusulas administrativas particulares).

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea.

Pontevedra, 16 de agosto de 2017

José Ramón Gómez Fernández
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés