Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 12 de setembro de 2017 Páx. 42258

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de nomeamento como funcionarios de carreira de dous bombeiros-condutores.

A Concellaría de Goberno responsable da Área de Persoal, Réxime Interior e Patrimonio, mediante a Resolución do 4 de agosto de 2017, nomeou funcionarios de carreira deste concello a:

– Jorge Gómez Alonso, con DNI núm. 35576652E, para ocupar unha praza de bombeiro-condutor do Servizo de Extinción de Incendios, da subescala de servizos especiais da escala da administración especial, integrada dentro do grupo C, subgrupo C2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de oposición libre. Toma posesión con efectos económicos e administrativos do día 7.8.2017.

– Nabor Vázquez Costas, con DNI núm. 53188793M, para ocupar unha praza de bombeiro-condutor do Servizo de Extinción de Incendios, da subescala de servizos especiais da escala da administración especial, integrada dentro do grupo C, subgrupo C2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de oposición libre. Toma posesión con efectos económicos e administrativos do día 7.8.2017.

Os devanditos nomeamentos efectuáronse segundo a proposta do tribunal cualificador, á cal se dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.

Contra as devanditas resolucións de nomeamento, que poñen fin á vía administrativa, poderá interporse por parte dos interesados ben o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.

Non obstante, o interesado tamén poderá interpor calquera outro recurso que considere procedente consonte ao dereito.

Pontevedra, 8 de agosto de 2017

Miguel A. Fernández Lores
Alcalde