Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 12 de setembro de 2017 Páx. 42226

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Sarria (expediente IN407A 2017/53-2, 8525 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, Ourense.

Denominación: LMT e CT na rúa Ánxel Fole, 8.

Situación: concello de Sarria.

Características técnicas:

1. Centro de transformación prefabricado con envolvente de formigón de superficie para manobra interior telecontrolado GPRS 4L1P 400 kVA/20 kV para unha tensión nominal de 20 kV , relación de transformación 20.000/400 V e illante de aceite mineral.

2. LMT soterrada de 0,009 km, baixo tubo con condutor RHZ1-20L 12/20 kV 1×240 mm² AI para 20 kV con orixe na conexión coa LMT soterrada existente, procedente da saída SAR 811 (Campo da Feira, 11) da subestación de Sarria, no tramo entre os CT existentes Galicia 17 (27CV37) e colexios (27C840) e final na cela de liña proxectada no CT prefabricado proxectado na rúa Ánxel Fole, 8.

3. LMT soterrada de 0,009 km, baixo tubo con condutor RHZ1-20L 12/20 kV 1×240 mm² AI para 20 kV con orixe na conexión coa LMT soterrada existente, procedente da saída SAR 803 (Triacastela-circunv. Sarria, 3) da subestación de Sarria, no tramo entre os CT existentes Ribela (27AG23) e colexios (27C840) e final na cela de liña proxectada no CT prefabricado proxectado na rúa Ánxel Fole, 8.

4. LMT soterrada de 0,233 km, baixo tubo con condutor RHZ1-20L 12/20 kV 1×240 mm² AI para 20 kV con orixe na cela de liña existente na praza de Galicia (27CM14) alimentado pola LMT soterrada existente, procedente da saída SAR 807 (Circunvalación 7) da subestación de Sarria e final na cela de liña proxectada no CT prefabricado proxectado na rúa Ánxel Fole, 8.

5. LMT soterrada de 0,062 km, baixo tubo con condutor RHZ1-20L 12/20 kV 1×240 mm² AI para 20 kV con orixe na conexión coa LMT soterrada existente, procedente da saída SAR 812 (Sarria Villa, 12) na subestación de Sarria, no tramo entre os CT existentes Peregrino II (27CT40) e colexios (27C840) e final na cela de liña proxectada no CT prefabricado proxectado na rúa Ánxel Fole, 8.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, (BOE núm. 310, do 27 de decembro), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan dos Decretos 129/2015, do 8 de outubro (DOG núm. 194, do 9 de outubro) e 175/2015, do 3 de decembro (DOG núm. 232, do 4 de decembro), polos que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro (DOG. núm. 22, do 1 de febreiro), sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Lugo, 18 de agosto de 2017

A xefa territorial de Lugo
P.A. (Artigo 62.3 e 63.1.b) do Decreto 175/2015, do 3 de decembro)
Álvaro Rodríguez Vázquez
Xefe do Servizo de Administración Industrial de Lugo