Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 12 de setembro de 2017 Páx. 42239

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 31 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a suspensión do expediente sancionador por infracción na orde social 50/2017.

De conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), notifícaselle á empresa que a continuación se relaciona a suspensión da instrución do expediente sancionador por infracción na orde social (materia seguridade e saúde), devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario, ao iniciarse dilixencias preprocesuais de investigación na orde xurisdicional penal.

Empresa: Josue Garay Maiz.

Enderezo: avenida San Estebo de Moras, 17, 15142 Arteixo, A Coruña.

NIF: X37390436F.

Expediente: 50/2017.

Lugo, 31 de agosto de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo