Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 12 de setembro de 2017 Páx. 42237

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 1 de setembro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o levantamento da suspensión e o trámite de audiencia do expediente sancionador na orde social RL 2008/0004-4.

Ao non ser atopados no enderezo coñecido por esta xefatura territorial os titulares da empresa que se indica a continuación, notifícase no Boletín Oficial del Estado, ao abeiro do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o fin da suspensión cautelar e a reiniciación da tramitación do expediente sancionador de referencia ao ter entrada, mediante fax, a comunicación da firmeza da sentenza ditada polo Xulgado do Penal número 2 de Pontevedra, recaída no procedemento número 415/2015, polo accidente laboral do traballador Manuel Pinto Coelho.

Os documentos que constan no expediente son:

• Acta de infracción.

• Xustificante da notificación (22.11.2007).

• Comunicación da firmeza da sentenza xudicial.

A ausencia de alegacións dentro do prazo legal permite confirmar a acta, en aplicación da presunción de veracidade que lle recoñece o artigo 53.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Dispón dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar o expediente nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido este prazo, procederase a ditar resolución.

Expediente: RL 2008/0004-4.

Acta: 1395/2007.

Empresa: Aliapax Construçoes Unipersonal Limitada.

NIF: 507794567.

Enderezo: Fernao Magalhaes, 3548 Paranhos; Portugal.

Vigo, 1 de setembro de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra