Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 11 de setembro de 2017 Páx. 42120

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Pontevedra (expediente IN407A 2017/454-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Residenciales Poio, S.L.

Domicilio social: Párroco José Otero 6º C, 36206 Vigo.

Denominación: LMTS e CT Juan Bautista Andrade, 127.

Situación: Pontevedra.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ de 120 metros de lonxitude, con orixe e final na LMT MUR806, entre os CCTT 36CFS5 e 36CED7, unha vez que entre e saia do centro de transformación proxectado. Centro de transformación a 250 kVA con RT 20 kV/420/240 V, situado na rúa Juan Bautista Andrade, 127, en Pontevedra.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 3 de agosto de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra