Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 11 de setembro de 2017 Páx. 42118

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 21 de agosto de 2017, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos (expediente PO-00177-S-2017 e tres máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra ditou a resolución dos expedientes sancionadores número PO-00177-S-2017 e tres máis, por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recibo no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditados ás persoas interesadas.

Infórmase que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra.

Comunícaselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

As sancións impostas foron aboadas anticipadamente cunha redución do seu importe conforme o previsto no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

Pontevedra, 21 de agosto de 2017

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Matrícula

Persoa sancionada

DNI/CIF

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

PO-00177-S-2017

6436FZD

Transbernal Logística Catalana, S.L.

B55159024

A falta de consignación do lugar de comezo ou do final de utilización nunha folla de rexistro ou documento de impresión dos tempos de condución e descanso.

19.9.2016; 17.21; avenida. Eduardo Cabello, s/n

Art. 142.4 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301 €

PO-00178-S-2017

6436FZD

Transbernal Logística Catalana, S.L.

B55159024

A condución sen respectar as pausas regulamentariamente exixidas. Superior a 4 horas e 30 minutos e inferior ou igual a 5 horas.

19.9.2016; 17.21; avenida Eduardo Cabello, s/n

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 €

PO-00479-O-2017

2133-FBP

Barbarin Larripa Juan Ramón

15836599H

Exceso nos tempos máximos de condución diaria (sobre 10 horas). Máis de 10 horas ata 11 horas.

30.11.2016; 13.30; AG-41; 0,4

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 €

PO-04035-O-2016

6682-DJH

Nahil Larjani Bachir

35608931D

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

13.7.2016; 11.13; polígono industrial A Granxa 0,5

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 €