Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 7 de setembro de 2017 Páx. 41828

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 23 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se publican as subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 31 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (Diario Oficial de Galicia número 75, do 19 de abril).

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, procédese á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 31 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade, con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario, a entidade beneficiaria, a contía e a finalidade.

Mediante a Resolución do 31 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade, establecéronse as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2017 das axudas dirixidas ás asociacións de mulleres e ás súas federacións, co obxecto de fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres.

Finalidade da axuda: fortalecer e consolidar o movemento asociativo e potenciar a participación social e a calidade de vida das mulleres galegas a través das seguintes liñas:

a) Liña 1: consolidación do movemento asociativo, destinada a compensar gastos correntes que orixinen o mantemento e funcionamento das asociacións de mulleres e as súas federacións.

b) Liña 2: promoción de actuacións e actividades singularizadas en materia de igualdade, relativas á sensibilización e concienciación social, información ou formación en materia de igualdade e de prevención da violencia de xénero, ou dirixidas a potenciar e facilitar a mellora da calidade de vida e a participación das mulleres en todos os ámbitos.

Crédito orzamentario: a contía das axudas é de quince mil seiscentos sesenta e oito euros e sete céntimos (15.668,07 €), que se imputan á aplicación orzamentaria 05.11.313B.480.0, código de proxecto 2016 00020, do orzamento vixente deste departamento.

Entidades beneficiarias da subvención e importe concedido a cada unha delas: véxase o anexo.

Lugo, 23 de agosto 0de 2017

José Manuel Rozas Bello
Xefe territorial de Lugo

ANEXO
Axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das
mulleres (SI437A)f

Subvencións concedidas ao abeiro da convocatoria de 2017

CIF

Entidade beneficiaria

Liña

Importe concedido

G27179134

Asoc. Mulleres Rurais Agarimo

Liña 1

666,00 €

G27337120

Asoc. Mulleres Rurais Ledicia

Liña 1

1.812,35 €

G27212281

Asoc. Amuraxe

Liña 1

2.400,00 €

G27130103

Asoc. Viudas Carmiña Prieto Rouco

Liña 1

650,00 €

G27013697

Asoc. Viudas Julia Minguillón

Liña 1

2.170,00 €

G27411636

Asoc. Corazóns Artesáns

Liña 1

2.301,77 €

G27441153

Mulleres em Igualdade de Burela

Liña 2

1.378,00 €

G27359702

Observatorio da Mariña pola Igualdade

Liña 2

990,00 €

G27166362

Asoc. Mulleres As Angueiras

Liña 2

300,00 €

G27431873

Asoc. E-Deidades

Liña 2

3.000,00 €