Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 7 de setembro de 2017 Páx. 41826

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 23 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se publican as subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 31 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (Diario Oficial de Galicia número 75, do 19 de abril).

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, procédese á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 31 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade, con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario, a entidade beneficiaria, a contía e a finalidade.

Mediante a Resolución do 31 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade, establecéronse as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2017 das axudas dirixidas ás asociacións de mulleres e ás súas federacións, co obxecto de fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres.

Finalidade da axuda: fortalecer e consolidar o movemento asociativo e potenciar a participación social e a calidade de vida das mulleres galegas a través das seguintes liñas:

a) Liña 1: consolidación do movemento asociativo, destinada a compensar gastos correntes que orixinen o mantemento e funcionamento das asociacións de mulleres e as súas federacións.

b) Liña 2: promoción de actuacións e actividades singularizadas en materia de igualdade, relativas á sensibilización e concienciación social, información ou formación en materia de igualdade e de prevención da violencia de xénero, ou dirixidas a potenciar e facilitar a mellora da calidade de vida e a participación das mulleres en todos os ámbitos.

Crédito orzamentario: a contía das axudas é de trinta e dous mil catrocentos noventa e un euros con noventa e tres céntimos (32.491,93 €), que se imputan á aplicación orzamentaria 05.11.313B.480.0, código de proxecto 2016 00020, do orzamento vixente deste departamento.

Entidades beneficiarias da subvención e importe concedido a cada unha delas: véxase o anexo.

A Coruña, 23 de agosto de 2017

A xefa territorial da Coruña
P.S. (Orde do 22.3.2016)
Patricia Rodríguez Franco
Secretaria territorial da Coruña

ANEXO
Axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación
das mulleres (SI437A)

Subvencións concedidas ao abeiro da convocatoria de 2017

CIF

Entidade beneficiaria

Liña

Importe concedido

G15766918

Asociación de Mulleres Rurais A Maristela

Liña 1

2.873,00 €

G15901176

Asociación de Mulleres Rurais Amurusa

Liña 1

740,55 €

G70370119

Asociación Puntodelas-Secretaría das Mulleres

Liña 1

3.000,00 €

G70239397

Asociación Rural de Mulleres Emprendedoras Arume

Liña 1

2.500,00 €

G70101647

Federación de As. de Mulleres Rurais de Galicia-Fademur

Liña 1

2.658,75 €

G15830375

Asociación de Mulleres O Cantón

Liña 1

2.145,00 €

G70223417

Acadar-Asociación de Mulleres con Discapacidade da Coruña

Liña 1

2.453,55 €

G15945686

Asociación Labregas

Liña 1

2.869,60 €

G70301916

Asociación Executivas de Galicia

Liña 1

2.453,06 €

G15870777

Asociación Mulleres Rurais Carballeira

Liña 1

436,97 €

G15656762

Asociación para a Promoción e Integración das Mulleres G, AGRA

Liña 2

2.968,35 €

G15923113

Asociación de Mulleres Rurais de Ceres

Liña 2

2.393,10 €

G15969868

Federación Galega de Redeiras O Peirao

Liña 2

3.000,00 €

G15910656

Asociación de Mulleres A Ponderosa

Liña 2

2.000,00 €