Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 7 de setembro de 2017 Páx. 41849

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2017, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016 (Diario Oficial de Galicia número 85, de 4 de maio), pola que se fai pública a relación de aspirantes exentos da realización do terceiro exercicio e a data, a hora e o lugar de realización do cuarto exercicio do proceso selectivo.

O tribunal nomeado pola Orde do 15 de febreiro de 2017 (DOG núm. 40, do 27 de febreiro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Declarar a todos/as os/as aspirantes que superaron o primeiro exercicio exentos da realización do terceiro exercicio por ter presentado a documentación xustificativa sinalada na base II da convocatoria.

Segundo. De acordo co previsto na base II.1.4 da orde de convocatoria, o cuarto exercicio do proceso selectivo realizarase os días 26 e 27 de setembro, ás 16 horas e 30 minutos, na sala E do Edificio Administrativo de San Caetano.

Terceiro. Convócanse para a realización do cuarto exercicio o 26 de setembro de 2017 os seguintes aspirantes:

DNI

Apelidos e nome

33552836E

Benedito Cadórniga, José Luis

47389325X

De la Fuente López, Marta

Cuarto. Convócase para a realización do cuarto exercicio o 27 de setembro, a seguinte aspirante:

DNI

Apelidos e nome

77464473J

Román del Arco, Paloma

Quinto. Os/as aspirantes deberán presentarse provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal.

O chamamento para o exercicio será único, de xeito que os/as aspirantes que non comparezan serán excluídos/as.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento do que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2017

Fernando Jorge Mora
Presidente do tribunal