Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 6 de setembro de 2017 Páx. 41747

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 17 de agosto de 2017 pola que se convoca o curso monográfico Modelos de comunicación cos residentes: como comunicarse cos residentes que presentan deterioración cognitiva.

Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 163, do 29 de agosto de 2017, cómpre facer as seguintes correccións:

– Na páxina 40837, no sumario, na parte final do parágrafo do título da resolución, onde di: «como comunicarse cos residentes con demencias», debe dicir: «como comunicarse cos residentes que presentan deterioración cognitiva».

– Na páxina 40837, no primeiro parágrafo do texto da resolución, onde di: «Convocar o curso monográfico Modelos de comunicación cos residentes: como comunicarse cos residentes con demencias», debe dicir: «Convocar o curso monográfico Modelos de comunicación cos residentes: como comunicarse cos residentes que presentan deterioración cognitiva».

– Na páxina 40837, no número 1, Obxectivos, onde di: «promovendo una intervención comunicativa eficaz coas persoas con demencias», debe dicir: «promovendo unha intervención comunicativa eficaz coas persoas que presentan deterioración cognitiva».

– Na páxina 40837, no número 2, Contidos, no último punto, onde di: «Pautas de comunicación cos residentes con demencias», debe dicir: «Pautas de comunicación cos residentes que presentan deterioración cognitiva».