Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 6 de setembro de 2017 Páx. 41815

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Touro

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial do Plan parcial do S-04 promovido por Queizúar, S.L. e do estudo ambiental estratéxico.

O Pleno do Concello de Touro, en sesión do 26 de xullo de 2017, aprobou inicialmente o Plan parcial do S-04 promovido por Queizúar, S.L. conxuntamente co estudo ambiental estratéxico.

Conforme o disposto no artigo 75 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométense a información pública polo prazo de dous (2) meses o Plan parcial do S-04 e o estudo ambiental estratéxico. As alegacións que se consideren oportunas poderanse presentar no mencionado prazo, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Touro, 27 de xullo de 2017

Ignacio Codesido Barreiro
Alcalde