Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 6 de setembro de 2017 Páx. 41816

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Tui

ANUNCIO da convocatoria para a participación na misión comercial a Polonia.

A Cámara de Comercio de Tui anuncia a apertura da convocatoria que ten por obxecto promover a participación no Plan internacional de promoción, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) da Unión Europea na misión comercial a Polonia, multisectorial, que se realizará entre o 20 e 26 de novembro de 2017.

Primeiro. Beneficiarios

Pemes, micropemes e autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia.

O número máximo de empresas beneficiarias será de 10.

Segundo. Obxecto

O obxecto da convocatoria é a selección de operacións realizadas polas pemes que contribúan a promover a súa internacionalización e mellorar a súa competitividade, co obxectivo de mellorar a propensión para exportar e a base exportadora da economía española, diversificar os mercados de destino da exportación española e incrementar a competitividade da economía española para impulsar España como destino de investimento.

Terceiro. Convocatoria

O texto completo da convocatoria estará á disposición das empresas na sede da Cámara de Tui. Ademais, pódese consultar a través da web www.camaratui.com

Cuarto. Contía

O orzamento máximo de execución da actuación Misión comercial a Polonia, no marco desta convocatoria para o período 2017, é de 20.000 euros, dentro do Programa operativo de crecemento intelixente 2014-2020.

Os recursos estimados para os servizos de apoio prestados pola Cámara de Comercio de Tui serán de 2.000 euros, cofinanciados nunha porcentaxe do 80 % con cargo aos fondos Feder e nunha porcentaxe do 20 % pola Cámara de Comercio de Tui.

A contía máxima das axudas que se outorgarán, con cargo a esta convocatoria, ás empresas participantes na actuación Misión comercial a Polonia é de 18.000 euros en concepto de subvencións. As axudas serán cofinanciadas nunha porcentaxe do 80 % con cargo a fondos Feder, a través do Programa operativo de crecemento intelixente 2014-2020, e o resto financiarase con cargo ás empresas participantes.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes ábrese tras a publicidade deste anuncio, o día 11 de setembro, e finalizará o día 5 de outubro de 2017.

O modelo de solicitude de participación poderase descargar na web www.camaratui.com

Tui, 16 de agosto de 2017

Gumersindo Alonso Gestoso
Presidente da Cámara Oficial de Comercio, Industria,
Servizos e Navegación de Tui