Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 5 de setembro de 2017 Páx. 41645

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 25 de agosto de 2017 pola que se resolve a convocatoria de provisión, mediante libre designación, de postos do cadro de persoal funcionario de administración e servizos.

Convocada mediante Resolución do 26 de xuño de 2017 (DOG núm.127, do 5 de xullo) a provisión polo sistema de libre designación, de postos vacantes no cadro de persoal funcionario de administración e servizos desta universidade.

Consonte o disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia e o Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna.

En uso das atribucións conferidas pola Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades e polos estatutos da Universidade de Vigo

RESOLVO:

Primeiro. Adxudicar os postos ás persoas funcionarias que se relacionan no anexo a esta resolución.

Segundo. O prazo para tomar posesión do novo destino será de 3 días hábiles se non implica cambio de residencia, ou de 7 días hábiles se comporta cambio de residencia, e comezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá producirse no día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. As persoas funcionarias nomeadas para ocupar estes postos de libre designación poderán ser cesadas discrecionalmente nas condicións previstas nas normas legais e regulamentarias que resultan de aplicación.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

As persoas interesadas poderán optar por interpoñer contra esta resolución un recurso de reposición, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, perante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 25 de agosto de 2017

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 13.7.2017)
Manuel José Fernández Iglesias
Vicerreitor de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais

ANEXO

Posto de traballo

Campus

CD

Quenda

Adxudicataria/o

Secretaría-Secretaría do Equipo de Goberno

Vigo

20

M

María Liliana Álvarez García

Secretaría-Secretaría do Equipo de Goberno

Vigo

20

M

María del Carmen Álvarez Veleiro

Secretaría-Secretaría do Equipo de Goberno

Vigo

20

M

Alejandro Cadabón Figueroa

Secretaría-Secretaría do Equipo de Goberno

Vigo

20

M

Eugenia María Rodríguez González

Secretaría do Presidente do Consello Social

Vigo

20

M

Montserrat Pereira Castro

Secretaría da Xerencia

Vigo

20

M

Elena de Gerónimo García

Secretaría da Xerencia

Vigo

20

M

María Isabel Fernández Uría

Secretaría da Xerencia

Vigo

20

M

Fátima González Muñoz

Secretaría da Vicerreitoría

Pontevedra

20

M

Miguel Ángel Cabañas Díaz