Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 5 de setembro de 2017 Páx. 41698

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 17 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, do procedemento sancionador polo que se notifica o trámite de audiencia no expediente 10-2015.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Intentouse a notificación por correo certificado á entidade que se cita no anexo sen que fose posible efectuala, polo que se lle notifica por medio deste anuncio o requirimento ditado no correspondente expediente sancionador.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

A entidade interesada dispón dun prazo de quince (15) días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para facer as alegacións que considere oportunas, así como para comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias do Servizo de Coordinación Administrativa da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social, na rúa Salvador de Madariaga, nº 9, 1º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 17 de agosto de 2017

A xefa territorial da Coruña
P.S. (Artigo 31.2 do Decreto 176/2015, do 3 de decembro)
Manuel José Morán García
Xefe do Servizo de Coordinación Administrativa da Coruña

ANEXO

Nome: Leilía Infantil, S.L.

CIF: B70221726.

Último enderezo coñecido: avda. de Barraña, nº 17, 15930 Boiro (A Coruña).

Procedemento: sancionador en materia de servizos sociais.

Nº del expediente: 10-2015.

Acto notificado: apertura do prazo de alegacións.