Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 5 de setembro de 2017 Páx. 41675

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 2017 pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Ribeira (IN407A 2016/3020-1).

Expediente: IN407A 2016/3020-1.

Promotora: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Instalación: repotenciación de 2 tramos da LMT PMR806.

Concello: Ribeira.

Feitos:

1. O 28 de novembro de 2016 a promotora solicitou a autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. Características técnicas:

– LMTA (actuación nº 1) a 20 kV, de 628 m, condutor tipo LA-110 Al, con orixe no apoio nº 38 existente da LMT PMR-806 e final no apoio nº 44 existente da LMT PMR-806.

– LMTA (actuación nº 2) a 20 kV, de 52 m, condutor tipo LA-56 Al, con orixe no apoio nº 41 existente da LMT PMR-806 e final no apoio nº 41-1 existente (derivación a CT Bouciñas-15AJR4) da LMT PMR-806.

– LMTA (actuación nº 3) a 20 kV, de 122 m, condutor tipo LA-56 Al, con orixe no apoio nº 109-A3 existente da LMT PMR-806 e final no apoio nº 109-A3-1 existente da LMT PMR-806.

– LMTS (actuación nº 1) a 20 kV, de 20 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe no apoio nº 109-A3-1 existente da LMT PMR-806 e final no CT Carreira (15CZ22).

– LMTS (actuación nº 2) a 20 kV, de 650 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe no CT Carreira (15CZ22) e final no CTC Vixán proxectado.

– LMTS (actuación nº 3) a 20 kV, de 20 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe no CTC Vixán proxectado e final no apoio nº 77 existente da LMT PMR-806.

– Novo CTC Vixán telecontrolado, cunha potencia de 400 kVA, unha relación de transformación de 20.000/400-230 V e configuración 2L+1P.

– En CT Carreira (expediente 27.878-15CZ22) existente, substitución da actual cela de liña e protección por un bloque compacto en configuración 2L1P.

O orzamento da instalación segundo o proxecto é de 159.316,14 €.

3. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante resolución publicada nos seguintes medios:

– Resolución de información pública: 27 de decembro de 2016.

– DOG: 3 de febreiro de 2017.

– BOP: 20 de xaneiro de 2017.

– Xornal La Voz de Galicia: 9 de febreiro de 2017.

– Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 7 de marzo de 2017.

Ao mesmo tempo realizáronse notificacións individuais aos titulares que figuran na relación de bens e dereitos afectados.

4. Durante o período no que se someteu ao trámite de información pública foron presentadas alegacións.

• José Martínez Sanlés, mediante escrito recibido o 10 de febreiro de 2017, solicita coñecer cal é a afectación do proxecto na súa propiedade e o cambio de situación do apoio 41, alegando en síntese o seguinte:

– Solicita se lle envíe plano de colocación do apoio 41 e por onde pasa a liña no predio da súa propiedade.

Novena: en relación coas alegacións presentadas Unión Fenosa Distribución, S.A. presentou os seguintes escritos de contestación:

• Escrito recibido o 2 de marzo de 2017, no que se valoran as alegación presentadas por José Martínez Sanlés, no que en síntese manifesta o seguinte:

– A afección ocasionada no predio do alegante é de un (1) m2 afectado en pleno dominio para a substitución do apoio 41 existente e a colocación dun novo apoio no linde entre os predios numerados do proxecto como 4 e 5 (esta última propiedade do alegante).

– O obxecto e planimetría do proxecto están á disposición de todos os interesados.

5. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados. A promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.

6. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas.

1. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

– Decreto 36/2001, do 25 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalación eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 34, do 16 de febreiro).

– Decreto 146/2016, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia (DOG núm. 217, do 14 de novembro).

– Decreto 175/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG núm. 232, do 4 de decembro).

– Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

2. Na visita de campo realizada para examinar o emprazamento da instalación, non se apreciou, no predios sometidos a expropiación, ningunha das limitacións á constitución da servidume indicadas no artigo 58.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

3. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir da data de ocupación dos terreos.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados, e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar ante esta xefatura territorial unha solicitude que se acompañará da seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipo e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do director da montaxe no que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houbese, así como das regulamentacións e normas oportunas para a montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta autorización outórgase sen prexuízo de outras que fosen de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial a relativa á ordenación do territorio e o ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 10 de agosto de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña