Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 5 de setembro de 2017 Páx. 41703

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 2017 pola que se anuncia a licitación da contratación, polo procedemento aberto unicriterio, tramitación ordinaria, documentalmente simplificado e non suxeito a regulación harmonizada, do contrato de obras de reurbanización e reparación do contorno das parcelas 4B2 e 4B3 do solo urbanizable non programado SUNP 13, estrada da Estrada, Santiago de Compostela (expediente SUNP 13/REURB 2017).

1. Entidade adxudicadora.

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obras de reurbanización e reparación do contorno das parcelas 4B2 e 4B3 do solo urbanizable non programado SUNP 13.

b) Prazo de execución: catro (4) semanas contadas desde a sinatura da acta de comprobación da implantación.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, documentalmente simplificado.

c) Forma: unicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: sesenta e dous mil oitenta e un euros con noventa e tres céntimos (62.081,93 €), IVE excluído.

b) IVE (21 %): trece mil trinta e sete euros con vinte e un céntimos (13.037,21 €).

c) Importe total: setenta e cinco mil cento dezanove euros con catorce céntimos (75.119,14 €).

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e técnica ou profesional: as establecidas no prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

7. Obtención de documentación.

O PCAP e o prego de prescricións técnicas (PPT) polos que se deberá rexer a contratación poderanse recoller durante o prazo de presentación de proposicións no Servizo de Contratación nos servizos centrais do IGVS (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela), e consultar na páxina da internet: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=189703 e tamén no perfil do contratante: http://igvs.xunta.gal/web/igvs/350.

8. Presentación das ofertas.

As proposicións, que se axustarán ao modelo que se inclúe no correspondente PCAP, presentaranse no Rexistro dos servizos centrais do IGVS, antes das 14.00 horas do vixésimo sexto (26º) día natural a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (núm. 981 54 16 00) no mesmo día.

9. Posibilidade de variantes.

Non se admiten.

10. Apertura das ofertas.

O acto público de apertura do sobre B (proposicións económicas e criterios avaliables mediante fórmulas) terá lugar nos servizos centrais do IGVS na data que será anunciada, con tres días hábiles de antelación ao da súa realización, no perfil do contratante.

11. Gasto do anuncio.

O importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2017

O director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo
P.S. (Artigo 13.3 do Decreto 97/2014)
María de los Ángeles Domínguez Franjo
Secretaria xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo