Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 4 de setembro de 2017 Páx. 41606

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Carballiño

ANUNCIO da convocatoria de procedemento aberto da obra de renovación do colector de saneamento na rúa Aquilino Sánchez e na rúa San Cibrao.

De conformidade co Acordo da Xunta de Goberno Local do 26 de xullo de 2017, por medio deste anuncio efectúase a convocatoria de procedemento aberto, oferta máis vantaxosa, varios criterios de adxudicación, da obra de Renovación do colector de saneamento na rúa Aquilino Sánchez e na rúa San Cibrao conforme aos seguintes datos:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello do Carballiño.

b) Dependencia que tramita o expediente: obras.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: renovación do colector de saneamento na rúa Aquilino Sánchez e na rúa San Cibrao.

b) Lugar de execución: rúa Aquilino Sánchez, rúa San Cibrao, rúa Loureiro e río Carrás.

c) Prazo de execución: dous meses.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base da licitación:

a) Importe: 112.530,06 euros (IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudiación excluído o IVE.

7. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello do Carballiño.

b) Enderezo: praza Maior, 1.

c) Localidade e código postal: O Carballiño 32500.

d) Teléfono: 988 53 00 07.

e) Telefax: 988 53 00 08.

8. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica: por calquera dos medios a que se refire o artigo 75 do texto refundido da Lei de contraros do sector publico (TRLCSP).

b) Solvencia técnica: mediante relación das obras executadas ou en curso dos últimos cinco anos, acompañada de certificados de boa execución.

c) Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría 1.

9. Presentación das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: rematará o vixésimo sexto día natural (26) a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio no BOP, no DOG ou no perfil do contratante, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

b) Documentación que cómpre presentar: a que se especifica na cláusula 10 dos pregos de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Concello do Carballiño.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a oferta: ata a adxudicación definitiva.

10. Apertura de proposicións: ás 13.00 horas do noveno día hábil seguinte ao día en que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas.

11. Outras informacións: véxanse os pregos de cláusulas administrativas.

12. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

13. Perfil do contratante onde figuran as informacións relativas á convocatoria e onde se poden obter os pregos: www.carballino.gal

O Carballiño, 27 de xullo de 2017

Francisco José Fumega Piñeiro
Alcalde