Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 4 de setembro de 2017 Páx. 41611

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oroso

ANUNCIO de convocatoria para prover unha praza de oficial de primeira (OEP 2016).

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 141, do 27.7.2017, publicouse o anuncio relativo ás bases así como a convocatoria que rexerá o seguinte procedemento de selección:

Persoal: laboral, grupo IV, denominación: oficial de primeira, nivel 14, vacantes: 1 forma de provisión: oposición, quenda: libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello, sen prexuízo da posibilidade de que sexan obxecto de publicación na web do Concello de Oroso para efectos de lograr unha maior difusión.

Oroso, 8 de agosto de 2017

Eduardo Veiras Rey
Alcalde en funcións