Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 4 de setembro de 2017 Páx. 41581

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 22 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica a titular dun predio afectado polo proxecto da instalación eléctrica LMT, CT e RBT Amarante (Antas de Ulla).

Ante a imposibilidade de notificación á titular do predio número 2 (polígono 78, parcela 329) Evangelina Alén, por resultar a notificación infrutuosa, mediante o presente anuncio practícaselle a preceptiva notificación da Resolución do 26 de xuño de 2017, desta xefatura territorial, pola que se someteu a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica LMT, CT e RBT Amarante, promovida pola empresa Unión Fenosa Distribución, S.A.

Comunícaselle que a dita resolución se publicou no Diario Oficial de Galicia, do 17 de xullo de 2017, que no seu anexo se insire o predio número 2 coas súas afeccións, que o proxecto da instalación eléctrica se poderá examinar nesta Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70, andar baixo 2, Lugo) e que poderá presentar as alegacións que considere oportunas no prazo de 20 días a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

O presente anuncio expídese para que conste e sirva de notificación á titular proposta do citado predio, Evangelina Alén, con enderezo en Buenos Aires, rúa Rodríguez Peña, nº 265, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 22 de agosto de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo