Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 4 de setembro de 2017 Páx. 41582

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 22 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifican os titulares dun predio afectado polo proxecto da instalación eléctrica E/S da LAT 132 kV, Porzún-Mondoñedo, na subestación Barreiros (expediente 004/2016 AT).

Ante a imposibilidade de notificación aos titulares do predio número 18 (polígono 65-parcela 166), Monte Comunal de San Cosme de Barreiros, mediante o presente anuncio practícaselles a preceptiva notificación da Resolución do 10 de xullo de 2017, desta xefatura territorial, pola que se someteu a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica E/S da LAT 132 kV, Porzún-Mondoñedo, na subestación Barreiros, promovida pola empresa Viesgo Distribución Elécrica, S.L.

Comunícaselle que a dita resolución se publicou no Diario Oficial de Galicia do 18 de xullo de 2017, e que no seu anexo se insire o predio número 18 coas súas afeccións, que o proxecto da instalación eléctrica se poderá examinar nesta xefatura territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda Muralla 70, andar baixo 2, Lugo) e que poderán presentar as alegacións que consideren oportunas no prazo de 20 días a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

O presente anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación aos titulares do citado predio, Monte Comunal de San Cosme de Barreiros, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 22 de agosto de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo