Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 1 de setembro de 2017 Páx. 41421

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se anuncia a contratación, mediante procedemento aberto e trámite ordinario, do servizo de limpeza das dependencias administrativas da rúa Sáenz Díez, números 33 e 39, baixo. Contratación documentalmente simplificada.

A Xefatura Territorial de Política Social en Ourense, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar o procedemento que a seguir se cita:

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Consellería de Política Social.

Dependencia que tramita o expediente: Xefatura Territorial de Ourense.

Número de expediente: 50/2017.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición: servizo de limpeza das dependencias administrativas da rúa Sáenz Díez, 33 e 39 baixo (Ourense).

b) Prazo de execución: dous (2) anos.

3. Procedemento e tramitación:

Procedemento: aberto.

Tramitación: ordinaria.

4. Orzamento de licitación: noventa e un mil douscentos euros (91.200,00 €), IVE incluído; o importe do IVE é de quince mil oitocentos vinte e oito euros con dez céntimos (15.828,10 €).

5. Garantía: definitiva: 5 % prezo de adxudicación (IVE excluído).

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Xefatura Territorial de Ourense.

b) Enderezo: avenida da Habana, número 79, 4º andar, 32004 Ourense.

c) Teléfono: 988 38 60 96. Telefax: 988 38 68 30.

d) Así mesmo, poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/.resultado.jsp?N=188993

7. Capacidade e solvencia: establécese nos pregos. Non se exixe clasificación.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: dez días naturais desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que cómpre achegar: sinálase no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: preferentemente no Rexistro Único do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Ourense ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, que aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición de envío na oficina de Correos e comunicarlle ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (988 38 68 30), correo electrónico ou telegrama, no mesmo día.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Xefatura Territorial de Ourense, avenida da Habana, 79, 4º andar, 32004 Ourense.

b) A data e hora da apertura publicaranse na plataforma de contratación coa antelación suficiente.

10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato (o custo por cada liña deste anuncio é de cinco euros con corenta e sete céntimos, 5,47 €).

Ourense, 3 de agosto de 2017

A xefa territorial de Ourense
P.A. (Artigo 31 do Decreto 176/2015, do 3 de decembro)
Marta Conde Veloso
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa de Ourense