Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 1 de setembro de 2017 Páx. 41424

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 2017 pola que se convoca a contratación, polo procedemento aberto, da xestión de servizos públicos, na modalidade de concesión, dos servizos de atención diúrna terapéutica no centro de día, para persoas con alzhéimer e outras enfermedades neurodexenerativas, da Xunta de Galicia en Pontevedra. Tramitación documentalmente simplificada (expediente PA 36/2017).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Subdirección Xeral de Recursos Económicos.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

3º. Teléfono: 981 54 56 50/981 54 69 87.

4º. Fax: 981 54 56 63.

5º. Correo electrónico: xestion.politicasocial@xunta.gal.

6º. Páxina web: http://www.contratosdegalicia.es.

7º. Data límite para a obtención de documentación e información: o último día do prazo de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: PA 36/2017.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: xestión de servizos públicos.

b) Descrición: xestión, na modalidade de concesión, dos servizos de atención diúrna terapéutica, para persoas con alzhéimer e outras enfermidades neurodexenerativas, en Pontevedra.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: centro de atención diúrna terapéutica, para persoas con alzhéimer e outras enfermidades neurodexenerativas, da Xunta de Galicia en Pontevedra.

e) Prazo de execución/entrega: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 2018.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV (referencia nomenclatura): 85310000 Servizos de asistencia social.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: véxase a cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

4. Valor estimado do contrato: dez millóns sesenta e oito mil oitocentos setenta e un euros con dez céntimos (10.068.871,10 €).

5. Orzamento:

Orzamento base de licitación: catrocentos trinta e un mil seiscentos noventa e seis euros con vinte e oito céntimos (431.696,28 €), ao cal se lle engaden vinte e catro mil catrocentos corenta e un euros con dezaoito céntimos (24.441,18 €) que corresponden ao IVE, polo que o importe total do expediente de gasto é de catrocentos cincuenta e seis mil cento trinta e sete euros con corenta e seis céntimos (456.137,46 €).

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non.

b) Definitiva: 5 % do orzamento base de licitación do contrato, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: véxase a cláusula 5.4.7 do PCAP.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de ofertas comezará o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince días naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Xunta de Galicia (enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Sen prexuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo segundo o establecido no PCAP.

c) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición:

Apertura dos sobres A: acto non público, cualificación da documentación xeral.

Apertura dos sobres B: acto público, apertura da documentación non avaliable mediante fórmulas.

Apertura dos sobres C: acto público, apertura da documentación avaliable mediante fórmulas.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: indicaranse na Plataforma de contratación da Xunta de Galicia a data, a hora e o lugar de apertura dos sobres A, B e C.

10. Gastos de publicidade: 5,42 € por liña publicada no Diario Oficial de Galicia, que serán por conta do adxudicatario.

11. Información adicional: os pregos pódense obter na páxina:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=188992.

Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2017

O conselleiro de Política Social
P.D. (Orde do 3.3.2016)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social