Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 1 de setembro de 2017 Páx. 41459

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 7 de agosto de 2017, da Área Provincial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente P-045/17.

Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado pola xefa da Área Provincial.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo; rúa Alcalde Hevia, 7, 4º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 7 de agosto de 2017

A xefa da Área Provincial de Pontevedra
P.S. (Resolución do 18.3.2015)
Federico del Campo Navarro
Xefe do Servizo Técnico de Pontevedra

anexo

Expediente: P-045/17.

Persoas interesadas: Yesica Adán Estévez (DNI: ...293F), Moisés Adán Estévez (DNI: ...761A) e Carlos Misael Rodríguez Estévez (DNI: ...184Q).

Asunto: requirimento en relación co expediente de construción PO-ADQ-1/87, conta 10.