Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 1 de setembro de 2017 Páx. 41456

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2017 pola que se anuncia a licitación da contratación, por procedemento aberto documentalmente simplificado, do servizo de dirección de obra, dirección da execución e coordinación de seguridade e saúde da obra, control e seguimento ambiental e control e seguimento da explotación da estación depuradora de augas residuais (EDAR) para a 1ª fase da Plataforma loxística industrial Salvaterra de Miño-As Neves (Plisan) (expediente Plisan-2017/EDAR).

1. Entidade adxudicadora:

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: realización das tarefas de dirección de obra, dirección da execución e coordinación de seguridade e saúde da obra, control e seguimento ambiental e control e seguimento da explotación da estación depuradora de augas residuais (EDAR) para a 1ª fase da Plataforma loxística industrial Salvaterra de Miño-As Neves (Plisan), así como a dirección da explotación durante os primeiros tres anos.

b) Prazo de execución: a duración do contrato, por tratarse dun contrato complementario ao contrato de obras, será o resultado de incrementar a duración prevista do contrato de obras no prazo de garantía máis o tempo preciso para a redacción da liquidación.

Prazo de execución total: estimado en catro anos e un mes.

Prazos de execución parciais:

• Dirección das obras: un ano.

• Período de garantía e dirección da explotación da depuradora: tres anos.

• Redacción da liquidación: un mes contado desde o remate do prazo de explotación.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, documentalmente simplificado.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: cento trinta e nove mil douscentos setenta e nove euros (139.279 €), IVE excluído.

b) IVE (21 %): vinte e nove mil douscentos corenta e oito euros con cincuenta e nove céntimos (29.248,59 €).

c) Importe total: cento sesenta e oito mil cincocentos vinte e sete euros con cincuenta e nove céntimos (168.527,59 €).

5. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e técnica ou profesional: as establecidas no prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

7. Obtención de documentación:

O PCAP e o prego de prescricións técnicas (PPT) polos que se deberá rexer a contratación poderanse recoller durante o prazo de presentación de proposicións no Servizo de Contratación nos servizos centrais do IGVS (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela), e consultarse na páxina da internet: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=189346 e tamén no perfil do contratante: http://igvs.xunta.gal/web/igvs/350

8. Presentación das ofertas:

As proposicións, que se axustarán ao modelo que se inclúe no correspondente PCAP, presentaranse no Rexistro dos servizos centrais do IGVS, antes das 14.00 horas do vixésimo quinto (25) día natural a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (981 54 16 00) no mesmo día.

9. Posibilidade de variantes: non se admiten.

10. Apertura das ofertas:

O acto público de apertura dos sobres B (proposicións técnicas) e dos sobres C (proposicións económicas e criterios avaliables mediante fórmulas) terá lugar nos servizos centrais do IGVS, na data que será anunciada, con tres días hábiles de antelación ao da súa realización, no perfil do contratante.

11. Gastos do anuncio: o importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2017

O director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo
P.S. (Artigo 13.3 do Decreto 97/2014)
María de los Ángeles Domínguez Franjo
Secretaria xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo