1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Montes, Parques e Xardíns. Nº expediente: 9.385-446.
2. Obxecto do contrato: a execución das obras incluídas no proxecto ampliación do parque infantil da rúa Venezuela.
Lugar de execución: Vigo.
Prazo de execución: seis (6) meses. Prórroga: non procede.
3. Tramitación e procedemento.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
4. Orzamento base: 633.788,56 euros; IVE para soportar pola Administración: 133.095,59 euros. Orzamento total: 766.884,15 euros.
5. Garantías exixidas: a) Provisional: non se exixe. b) Definitiva: si (5 % do prezo de adxudicación do contrato, excluído o IVE). c) Complementaria: non se exixe.
6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante); teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06.
Data límite para solicitar documentación: ata sete (7) días antes do día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista: a) Documentos acreditativos da solvencia económica e financeira: declaración do volume anual de negocios. Consideraranse con solvencia económica e financeira os licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato, e documento acreditativo de posuír a seguinte clasificación: grupo G Vías e pistas, subgrupo 6, categoría 3.
b) Documentos acreditativos da solvencia técnica e profesional: certificacións ou documentos que acrediten a boa execución de contratos de obras ou traballos similares aos do obxecto do contrato, executados, como máximo, nos dez últimos anos (entenderase que este prazo remata o último día para a presentación de ofertas). Indicaranse importe, datas e destino, público ou privado. Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos dez anos xustifican ter realizado traballos similares aos do obxecto do contrato cuxo importe, en conxunto, sexa igual ou superior ao valor estimado, e documento acreditativo de posuír a seguinte clasificación: grupo G Vías e pistas, subgrupo 6, categoría 3.
8. Presentación de ofertas: prazo: rematará o vixésimo sexto (26) día seguinte ao da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.
Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas e no punto 7 da folla de especificacións do contrato (FEC).
Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo; praza do Rei, nº 1, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día do prazo.
Admisión de melloras: non.
Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.
9. Apertura das ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.
Data e hora: anunciaranse no perfil do contratante do Concello de Vigo.
10. Outras informacións:
11. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org
Vigo, 24 de agosto de 2017
O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación