Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 31 de agosto de 2017 Páx. 41331

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A.

ANUNCIO polo que se fai pública a designación da comisión de selección no proceso para a provisión dunha praza de técnico/a provincial da empresa pública Seaga e se anuncian a convocatoria e as bases específicas II para a selección de persoal temporal na categoría profesional de oficial administrativo.

O director xerente de Seaga, en virtude das competencias atribuídas polo Consello de Administración, anuncia a composición da comisión de selección no proceso para a provisión dunha praza de técnico/a provincial da empresa pública Seaga e a aprobación da convocatoria e bases específicas II, para a selección de persoal temporal na categoría profesional de oficial administrativo.

A información está exposta na sede da empresa pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A., sita no polígono industrial do Tambre; Vía Marconi, nº 14, 15890 Santiago de Compostela, e na páxina web de Seaga (www.epseaga.com).

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2017

Pablo Arbones Maciñeira
Director xerente dos Servizos Agrarios Galegos, S.A.