Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 31 de agosto de 2017 Páx. 41297

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de agosto de 2017 pola que se anuncia a contratación documentalmente simplificada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, das obras de acondicionamento interior no cuarto andar da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia no Complexo Administrativo San Caetano, en Santiago de Compostela (expediente 2017_015_SXT).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Consellería de Economía, Emprego e Industria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfono: 981 54 55 23, 981 54 55 26 e 981 54 55 22.

5º. Fax: 981 54 01 18.

6º. Correo electrónico: licitacion.industria@xunta.gal.

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.xunta.gal/ceei/perfil-do-contratante

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 2017_015_SXT.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obras.

b) Descrición: realización de obras de acondicionamento interior en varios espazos no cuarto andar da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia no Complexo Administrativo San Caetano, en Santiago de Compostela (A Coruña).

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: Santiago de Compostela (A Coruña).

e) Prazo de execución/entrega: o sinalado na cláusula 2.4 do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

f) Admisión de prórroga: non.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) CPV (referencia de nomenclatura): 45000000-7: traballos de construción.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e non suxeito a regulación harmonizada.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os sinalados na cláusula 6 do PCAP.

4. Orzamento base de licitación. Importe neto 101.753,54 euros. Importe total 123.121,78 euros.

5. Valor estimado do contrato: 101.753,54 euros.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe.

Definitiva (%): 5 % do importe base de licitación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: conforme co disposto na cláusula 8.1.1 do PCAP.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: conforme co disposto na cláusula 8.1.1 do PCAP.

c) Outros requisitos específicos: non.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos vinte e seis (26) días naturais. No cómputo do dito prazo inclúense os sábados, domingos e festivos, e cando o último día do prazo coincida en sábado, domingo ou festivo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Oficina do Rexistro Xeral da Xunta de Galicia (situado no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), en horario de oficina ou por correo dirixido á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela) segundo o establecido na cláusula 5.2 do PCAP.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Enderezo electrónico: rexistroxeral@xunta.es.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada no PCAP.

9. Apertura de ofertas (sobres A, B e C).

a) Descrición:

Apertura dos sobres A: acto non público de cualificación da documentación xeral administrativa pola mesa de contratación.

Apertura dos sobres B: apertura en acto público da documentación relativa a criterios cuantificables mediante xuízos de valor.

Apertura dos sobres C: apertura en acto público da documentación relativa a criterios avaliables de forma automática.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: indicaranse no perfil do contratante a data, hora e lugar da apertura dos sobres B e C.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

11. Outras informacións: poden obterse os pregos na páxina http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=193989.

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2017

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria
P.D. (Orde do 10.6.2016; DOG núm. 131/2016)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria