Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 31 de agosto de 2017 Páx. 41301

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 11 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a modificación da solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública en concreto da infraestrutura de transporte de hidrocarburos correspondente ao poliduto de conexión do Porto Exterior da Coruña coa refinaría da Coruña, promovida pola empresa Repsol Petróleo, S.A., addenda I (expediente SEM 2015/50).

Para os efectos previstos no artigo 40 e o título V da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, o artigo 6 do Regulamento de instalacións petrolíferas, aprobado polo Real decreto 2085/1994, do 20 de outubro, modificado polo Real decreto 1523/1999, do 1 de outubro, sométese a información pública a modificación da solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación:

Poliduto de conexión entre as instalacións da empresa Repsol Petróleo, S.A. no porto exterior de Punta Langosteira e a refinaría da dita empresa no lugar de Bens, A Coruña. Addenda I.

Peticionaria: Repsol Petróleo, S.A., con CIF núm. A-28047223 e con enderezo para os efectos de notificación na estrada de Bens, s/n, 15008 A Coruña.

Descrición da modificación:

– Aumento da sección do cable de MT para a alimentación eléctrica ao novo porto exterior, pasando de cable de 3 (1×185 mm2) Al a 3 (1×400) Al.

– Instalación de novo sistema de detección de fugas e intrusismo mediante cables de fibra óptica para as 11 tubaxes, co cal se pode detectar o lugar afectado ao longo de todo o poliduto.

– Modificación do trazado entre os vértices V-006 e V-007 para separarse da zona de afección da futura liña do FFCC.

– Modificación do cruzamento baixo a estrada DP-0503 para ter en conta as futuras variacións desta estrada previstas dentro do proxecto do acceso ferroviario ao porto de Langosteira.

– Inclusión de novos cruzamentos detectados con servizos municipais dentro do termo municipal de Arteixo.

– Implantación dos desvíos temporais de camiños e estradas existentes nos cruzamentos do poliduto para o desvío provisional do tráfico da zona durante a obra.

– Implantación do desvío temporal da estrada de acceso á empresa Conteco, así como da alternativa da circulación do tráfico de camións durante a obra.

– Nova implantación aérea da saída do poliduto na zona do porto mediante estrutura metálica para o novo rack dos dous tubos de 24”.

Termo municipal: a modificación do proxecto afecta os termos municipais de Arteixo e A Coruña, na provincia da Coruña.

As novas afeccións a predios particulares, que se reflicten no anexo, derivadas da modificación do proxecto de construción do poliduto concretaranse, nos mesmos termos que o proxecto orixinal, da seguinte forma:

– Expropiación forzosa dos terreos sobre os que se teñen que construír as instalacións fixas en superficie.

– Imposición de servidume permanente de paso, nunha franxa de terreo do largo da gabia na que estarán soterrados os tubos máis dous m a cada lado do eixe dos tubos exteriores. Esta servidume estará suxeita ás limitacións de dominio establecidas no artigo 107 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos.

– Ocupación temporal dos terreos necesarios para a execución das obras.

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, físicas ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as súas alegacións, no prazo de 30 días a partir da data de publicación deste anuncio, e poidan examinar a correspondente addenda ao proxecto na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Emprego e Industria, rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª andar, 15071 A Coruña.

A Coruña, 11 de agosto de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados pola modificación

Predio núm.

Titular

Afeccións

Catastro

Natureza

Serv.

Serv.

O.T.

Exp.

Políg.

Parc.

ml

– Localidade: Arteixo (A Coruña)

C-AR-52 V

Martínez Souto, Dolores

6

206

583

0

93

206

Pradería

Martínez Souto, Julia

6

206

583

0

93

206

Pradería

Martínez Souto, Antonio

6

206

583

0

93

206

Pradería

C-AR-54 V

Pan Souto, Olga

1

1

298

0

93

211

Pradería

C-AR-55 V

Chiva Bugallo, Ana María

26

385

930

0

93

212

Pradería

Vázquez Chiva, Ana María

26

385

930

0

93

212

Pradería

Vázquez Chiva, Alberto José

26

385

930

0

93

212

Pradería

C-AR-56 V

Vázquez Martínez, María del Pilar

30

410

993

0

93

213

Pradería

C-AR-57 V

Zas Figueroa, Jesús (herdeiros de)

49

596

1047

0

93

255

Labor secaño

C-AR-58 V

Martínez Zas, Ángel

1

50

313

0

93

254

Pradería

C-AR-59 V

Martínez Zas, Antonio (herdeiros de)

0

0

9

0

93

256

Pradería

C-AR-61 V

Martínez Zas, Antonio (herdeiros de)

44

608

1.168

0

93

215

Pradería

C-AR-62 V

Parapar Almoina, Dolores

1

10

224

0

93

125

Pradería

C-AR-63 V

Martínez Souto, Antonio

0

0

144

0

93

220

Monte baixo

Souto Barreiro, Elvira

0

0

144

0

93

220

Monte baixo

Martínez Souto, José (herdeiros de)

0

0

144

0

93

220

Monte baixo

González Naveira, M. Carmen Yolanda

0

0

144

0

93

220

Monte baixo

Martínez Pereira, María Carmen

0

0

144

0

93

220

Monte baixo

Martínez Souto, Juan

0

0

144

0

93

220

Monte baixo

C-AR-64 V

Souto Souto, Obdulia

3

96

424

0

93

219

Monte baixo

C-AR-65 V

Bruesa Inmobiliaria, S.A.

31

384

628

0

93

218

Monte baixo

C-AR-66 V

Bruesa Inmobiliaria, S.A.

0

0

58

0

93

257

Campo de fútbol

C-AR-67 V

Bruesa Inmobiliaria, S.A.

1

30

176

0

93

352

Monte baixo

C-AR-69 V

Unión Fenosa Distribución, S.A.

2

28

64

0

s/n

s/n

Fuelduto

C-AR-70 V

Vázquez Souto, Dolores

0

0

62

0

95

70

Monte baixo

C-AR-72 V

Bruesa Inmobiliaria, S.A.

551

7.838

19.851

0

95

4

Monte baixo

C-AR-104 V

Contenedores de La Coruña, S.L.

0

0

18

0

95

1419

Monte baixo

C-AR-105

Descoñecido

0

0

144

0

95

553

Monte baixo

– Localidade: A Coruña

C-CO-8 V

C.B. Os Suárez

14

193

442

0

13

292

Monte baixo

C-CO-9 V

Contenedores de La Coruña, S.L.

12

171

607

0

13

293

Monte baixo

C-CO-10 V

Descoñecido

0

0

12

0

13

485

Monte baixo

C-CO-57 V

Manuel Martínez Vázquez

0

0

25

399

13

68

Pradería

C-CO-66 V

Castro Martínez, Juan (herdeiros de)

0

0

53

591

13

83

Pradería

C-CO-67 V

Martínez, Manuel

0

0

33

0

13

86

Pradería

C-CO-68 V

Figueroa, Antonio

0

0

247

0

13

87

Pradería

C-CO-69

Descoñecido

0

0

204

0

40007

11

Urbana

C-CO-70

CODEX Construcciones Derribos y Excavaciones, S. Coop. Ltda.

0

0

95

0

40007

12

Urbana

C-CO-71

CODEX Construcciones Derribos y Excavaciones, S. Coop. Ltda.

0

0

19

0

40007

10

Urbana

C-CO-72

CODEX Construcciones Derribos y Excavaciones, S. Coop. Ltda.

0

0

220

0

40007

13

Urbana

C-CO-73

Carro Viñán, Ramón

0

0

375

0

40007

08-01

Urbana

C-CO-73

Alvedro Obras y Reformas, S.L.

0

0

375

0

40007

08-02

Urbana

C-CO-73

Wizink Ban, S.A.

0

0

375

0

40007

08-03

Urbana

C-CO-73

Sánchez Pedreira, S.L.

0

0

375

0

40007

08-04

Urbana

C-CO-73

Álvarez de la Fuente, Daniel

0

0

375

0

40007

08-05

Urbana

Serv. ml: servidume de paso soterrada en m lineais

Serv. m2: servidume de paso soterrada en m2

O.T.: ocupación temporal en m2

Exp. m2: expropiación total en m2