Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:
Solicitante: Compañía de Electrificación, S.L.
Domicilio social: praza Doutor Carús, 7, 1º C (Edif. León XIII), 36600 Vilagarcía de Arousa.
Denominación: LMTS, CT O Castelete.
Situación: Vilanova de Arousa.
Características técnicas: centro de transformación, en caseta prefabricada, a 400 kVA con RT 20 kV/420-242 V, con 40 metros de LMTS (entrada e saída) que queda intercalado na LMTS dobre circuíto San Miguel de Deiro. A instalación está situada no Castelete, O Terrón (Vilanova de Arousa).
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG nº 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial resolve:
Conceder autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.
O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de doce (12) meses a partir da recepción da presente resolución. Para os efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.
Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. Tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.
Pontevedra, 20 de xullo de 2017
O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Decreto 175/2015, do 3 de decembro)
Ana María Rodríguez Senra
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa
e Xestión Económica de Pontevedra