Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 31 de agosto de 2017 Páx. 41291

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 3 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello das Somozas (expediente IN407A 2017/123-1).

Expediente: IN407A 2017/123-1.

Solicitante: Distribuidora Eléctric Niebla, S.L.

Denominación: LMTS CSMT Penadeiriz.

Concello: As Somozas e As Pontes de García Rodríguez.

Características técnicas:

Novo centro de seccionamento, medida e transformación de 250 kVA que se situará en Penadeiriz (Recemel-Santa María, As Somozas), dotado de cela de seccionamento con interruptor seccionador para entrada de liña, tres celas de protección con interruptor automático en SF6 para saídas de liña e cela de protección de transformador para unidade de 250 kVA de potencia 6-20/0,4 kV, modificacións de LMT a 6-20 kV mediante soterramento de 722,50 ml en RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×150 mm2).

Lexislación de aplicación:

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A Coruña, 3 de agosto de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña