Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 30 de agosto de 2017 Páx. 41048

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da contratación da subministración de gasóleo tipo C.

1. Entidade adxudicadora. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Deportes. Nº de expediente: 1.145-611.

2. Obxecto do contrato: a subministración de gasóleo tipo C para as instalacións de calefacción e produción de auga quente sanitaria (AQS) de diversas instalacións deportivas dependentes da Concellaría de Deportes.

División por lotes e número de lotes: non.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: tres (3) anos. Prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 177.049,47 euros. IVE para soportar pola Administración: 37.180,39 euros. Orzamento total: 214.229,86 euros.

5. Garantías exixidas. a) Provisional: non se exixe. b) Definitiva: si (5 % do prezo de adxudicación do contrato, excluído o IVE). c) Complementaria: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante). Teléfono 986 81 01 48. Fax 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata sete días antes do día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: a) Documentos acreditativos da solvencia económica e financeira: declaración do volume anual de negocio. Consideraranse con solvencia económica e financeira os licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato. b) Documentos acreditativos da solvencia técnica e profesional: unha relación das principais subministracións similares ao obxecto do contrato, realizadas nos últimos cinco anos, que inclúa importe, datas e o seu destinatario, público ou privado, por importe igual ou superior ao prezo do contrato. Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos cinco anos acredita subministración por importe igual ou superior a unha anualidade media do prezo do contrato. As subministracións efectuadas acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público; cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, na falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario.

8. Presentación de ofertas. Prazo: o prazo rematará o 27 de setembro de 2017.

Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas e no punto 7 da folla de especificación do contrato.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo; Pza. do Rei, número 1, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día do prazo.

Admisión de melloras: non.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org.

Vigo, 17 de agosto de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación