1. Entidade adxudicadora. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Vías e Obras. Nº de expediente: 7.9713-250.
2. Obxecto do contrato: a subministración de diferentes materiais de mesturas bituminosas e emulsións asfálticas necesarios para a realización do traballo do taller de Vías e Obras do Concello de Vigo.
División por lotes e número de lotes: non.
Lugar de execución: Vigo.
Prazo de execución: dous (2) anos. Prórroga: si; dúas prórrogas dun ano cada unha.
3. Tramitación e procedemento:
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
4. Orzamento base: 495.867,77 euros. IVE para soportar pola Administración: 104.132,23 euros. Orzamento total: 600.000,00 euros.
5. Garantías exixidas. a) Provisional: non se exixe. b) Definitiva: si (5 % do prezo de adxudicación do contrato, excluído o IVE). c) Complementaria: non se exixe.
6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante). Teléfono 986 81 01 48. Fax 986 22 62 06.
Data límite para solicitar documentación: ata sete días antes do día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista: a) Documentos acreditativos da solvencia económica e financeira: declaración do volume anual de negocio. Consideraranse con solvencia económica e financeira os licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato. b) Documentos acreditativos da solvencia técnica e profesional: unha relación das principais subministracións similares ao obxecto do contrato, realizadas nos últimos cinco anos, que inclúa importe, datas e o seu destinatario, público ou privado, por importe igual ou superior ao prezo do contrato. Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos cinco anos acredita subministracións por importe igual ou superior a unha anualidade media do prezo do contrato. As subministracións efectuadas acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público; cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, na falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario.
8. Presentación de ofertas. Prazo: o prazo rematará o 21 de setembro de 2017.
Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas e no punto 7 da folla de especificacións do contrato.
Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo; pza. do Rei, número 1, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día do prazo.
Admisión de melloras: non.
Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.
9. Apertura das ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.
Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.
10. Outras informacións:
11. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org
Vigo, 17 de agosto de 2017
O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación