Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea F.T. V e da concesión administrativa que a ampara, resulta:
a) Antecedentes:
Primeiro. Mediante escrito do 1 de agosto do 2017, María Teresa Iglesias Pardavila e Manuel Otero Oubiña solicitan autorización para transmisión mortis causa mediante pacto sucesorio de mellora da concesión administrativa e da batea F.T. V.
Segundo. Os solicitantes achegaron a documentación requirida para a tramitación deste tipo de procedementos.
b) Consideracións legais e técnicas:
Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro).
Segunda. A Lei 2/2006, do 14 xuño, de dereito civil de Galicia (DOG número 124, do 29 de xuño), nos seus artigos 209 e seguintes, regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa e coa forma de pactos de apartación ou pactos de mellora.
Terceira. O expediente seguiu todos os trámites establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).
Vistas as disposicións citadas, esta consellería resolve:
Autorizar a transmisión mortis causa mediante pacto sucesorio de mellora, a favor de Antonio Otero Iglesias (35477918G), da concesión administrativa e da batea que se indica a continuación:
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: F.T. V.
Localización:
Cuadrícula nº: 80.
Polígono: D.
Distrito: Caramiñal (A Coruña).
Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título administrativo habilitante: concesión de actividade.
Orde de outorgamento: 12.1.1970.
Remate da vixencia: 15.12.2019.
Actuales titulares: María Teresa Iglesias Pardavila e Manuel Otero Oubiña (35417726A; 35416711T), 100 % ganancial.
Novo titular: Antonio Otero Iglesias (35477918G), 100 % privativa.
O novo titular da concesión administrativa subrogase nos dereitos e obrigas dos anteriores.
Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común nas administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
A Coruña, 2 de agosto de 2017
A conselleira do Mar
Por delegación de sinatura (Resolución do 5.6.2017)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña