Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 30 de agosto de 2017 Páx. 41034

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 23 de agosto de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación da contratación da fabricación e instalación do rótulo Hospital Público e símbolos da Xunta de Galicia e Servizo Galego de Saúde, para o Hospital Universitario A Coruña, Hospital Teresa Herrera da Coruña, Hospital Abente y Lago e Hospital Virxe da Xunqueira de Cee (expediente AB-SER3-17-002).

1. Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde. Subdirección Xeral de Investimentos.

2. Obxecto: contratación de fabricación e instalación de rótulo «Hospital Público» e símbolos da Xunta de Galicia e Servizo Galego de Saúde, para o Hospital Universitario A Coruña, Hospital Teresa Herrera da Coruña, Hospital Abente y Lago e Hospital Virxe da Xunqueira de Cee.

3. Nº de expediente: AB-SER3-17-002.

4. Clasificación CPV 2008: 34928470-3, 34928471-0, 31523000-8.

5. Orzamento sen IVE: 124.000,00 €.

6. Orzamento con IVE: 150.040,00 €.

7. Valor estimado do contrato: 183.504,16 €

8. Prazo de execución: 2 meses.

9. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación exixida: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: véxanse os puntos 16 e 17 da portada do prego de cláusulas administrativas particulares (en diante, PCAP).

10. Garantía provisional: non se exixe.

11. Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

12. Forma de tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

13. Procedemento: aberto multicriterio (non suxeito a regulación harmonizada).

14. Acceso aos pregos: poderanse obter o PCAP e o prego de prescricións técnicas desta contratación no perfil do contratante http://www.sergas.es/ e no https://www.contratosdegalicia.gal.

15. Lugar e prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en sobres pechados, no Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade/Servizo Galego de Saúde (Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela), ata o décimo quinto (15º) día natural a partir do seguinte ao da publicación desta contratación no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 80.4 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas. Cando o último día para a presentación de ofertas coincida en sábado ou en día inhábil, o prazo prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

16. Documentación que deberán presentar os licitadores: véxase PCAP que rexe esta licitación.

17. Criterios de valoración: os definidos no punto 11 da portada do PCAP desta licitación.

18. Apertura de proposicións: os actos públicos de apertura dos sobres B e C terán lugar nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Económicos e a súa data será anunciada no perfil do contratante http://www.sergas.es/ e no https://www.contratosdegalicia.gal.

19. Anuncios: serán por conta do adxudicatario da contratación.

Santiago de Compostela, 23 de agosto de 2017

María Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos