De conformidade co Acordo da Xunta de Goberno Local do 21 de xullo de 2017, por medio deste anuncio efectúase convocatoria do procedemento aberto, atendendo á oferta economicamente máis vantaxosa, con varios criterios de adxudicación, para a adxudicación do contrato de xestión do servizo de axuda no fogar, na modalidade de dependencia, do Concello de Arbo, durante as fins de semana e os festivos, conforme os seguintes datos:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Arbo.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: xestión do servizo de axuda no fogar (SAD) na modalidade de dependencia durante as fins de semana e os festivos.
b) Prazo de duración: un (1) ano, prorrogable por outro.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
4. Tipo de licitación: o prezo/hora máximo de licitación sería 14,25 €/hora máis 0,57 €/hora de IVE, o que dá un total de 14,82 €/hora. En ningún caso o prezo hora poderá superar esta contía.
5. Garantía provisional: non se exixe.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Concello de Arbo.
b) Domicilio: Praza do Consistorio, nº 1.
c) Localidade e código postal: Arbo, 36430 (Pontevedra).
d) Teléfono: 986 66 50 00
e) Fax: 986 66 50 11
f) Enderezo electrónico: secretaria.concellodearbo@gmail.com
7. Criterios de valoración das ofertas: serán os recollidos na cláusula 15ª do prego de cláusulas administrativas particulares:
a) Criterios dependentes de xuízo de valor: 49 puntos: programa de explotación do servizo.
b) Criterios de valoración automática: 50 puntos: prezo/hora do servizo.
9. Presentación de ofertas:
a) Lugar: Rexistro Xeral do Concello de Arbo; Praza do Consistorio, nº 1, 36430, Arbo, Pontevedra.
b) Prazo: quince (15) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do último anuncio (BOPPO ou DOG).
c) Documentación e formalidades: segundo a cláusula 12ª do prego de cláusulas administrativas.
10. Apertura das ofertas: ás 10.00 horas do terceiro día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo sinalado para a presentación de propostas na casa do concello.
11. Mesa de contratación: a súa composición será a prevista na cláusula 13ª do prego de cláusulas administrativas particulares.
12. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.
13. As informacións relativas á convocatoria e aos pregos poderanse obter no seguinte enderezo: https://plataformadecontratacion.xunta.es/
Arbo, 21 de xullo de 2017
Horacio Gil Expósito
Alcalde