Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 29 de agosto de 2017 Páx. 40932

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudo de detalle da parcela M5 do Plan parcial do sector SUP.1-R Carballido (expediente FG 611).

O Concello Pleno, en sesión ordinaria do 29 de xuño de 2017, acordou aprobar definitivamente o estudo de detalle da parcela M5 do Plan parcial do sector SUP.1-R Carballido, en Perillo (Doc. do 26.1.2017, nº 01024).

O estudo de detalle é unha disposición xeral polo que contra el poderá interpor recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta disposición.

Oleiros, 1 de agosto de 2017

Ángel García Seoane
Alcalde presidente