Aprobado inicialmente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación urbana para a redelimitación do núcleo rural de Vilariño (Oleiros), por Acordo do Pleno do 11 de agosto de 2017, de conformidade co artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e nos xornais La Voz de Galicia e El Correo Gallego.
Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes. Así mesmo, estará a disposición dos interesados na sede electrónica deste concello (https://sede.toques.es).
Quedan suspendidas as licenzas para a área afectada pola presente modificación do Plan xeral de ordenación urbana, que é o núcleo rural de Vilariño, na parroquia de Oleiros.
A duración da suspensión é de 2 anos, aínda que se extinguirá de maneira automática cando se aprobe de maneira definitiva a modificación do plan xeral.
Toques, 17 de agosto de 2017
José Ángel Penas García
Alcalde