Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 29 de agosto de 2017 Páx. 40898

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 1 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, de resolución ditada no procedemento BS650A.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial e de conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en virtude do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ao ser devolta polo servizo de Correos a notificación enviada no seu día coa resolución ditada por esta xefatura territorial no procedemento instado pola persoa que se cita no anexo, publícase mediante este edicto, de conformidade co disposto no artigo 61 da mencionada lei, o contido da dita resolución, que esgota a vía administrativa, contra a cal se poderá interpor demanda ante o xulgado do social, no prazo dos 30 días seguintes á data da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, conforme o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social. No mesmo prazo sinalado no parágrafo anterior e de acordo co referido artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, poderá comparecer persoalmente ou debidamente representado no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Xefatura Territorial de Ourense (rúa Sáenz Díez, 33, baixo), das 9.00 ás 14.00 horas, para os efectos do coñecemento do texto íntegro da resolución e do resto do expediente.

Ourense, 1 de agosto de 2017

A xefa territorial de Ourense
P.S. (Artigo 32.2.1 do Decreto 176/2015, do 3 de decembro)
Marta Conde Veloso
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa de Ourense

Procedemento BS650A:

Apelidos e nome

DNI/NIE

Núm. expediente

Resolución

Data da resolución

García Pedrouzo, Francisco Javier

34969151C

32/00163-I/15

Desestimación

23.2.2017