Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 29 de agosto de 2017 Páx. 40895

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 28 de xuño de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os requirimentos de documentación en procedementos competencia desta xefatura territorial relativos ao expediente 377/X/17 e dous máis.

En virtude do disposto nos artigos 44, 46 e 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación de requirimentos de documentación no último domicilio dos interesados, sen que esta se puidese efectuar, notifícanselles os ditos actos ás persoas citadas no anexo para que no prazo de 10 días, contados desde o día seguinte á data de publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, poidan comparecer persoalmente ou debidamente representados na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (avenida Salvador de Madariaga nº 9, 1º andar, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para ter coñecemento do contido dos ditos requirimentos.

Por ser documentación imprescindible para a continuación do procedemento, advírteselles que, de non presentala, se darán por desistidas da súa solicitude, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21.

A Coruña, 28 de xuño de 2017

A xefa territorial da Coruña
P.S. (Artigo 31.2 do Decreto 176/2015, do 3 de decembro)
Manuel José Morán García
Xefe do Servizo de Coordinación Administrativa da Coruña

ANEXO

Interesado/a

DNI/NIE

Nº de expediente

Documento/s

Jesusa Carmen Otero Gómez

33054502Y

377/X/17

1,2

Bernabé Noya Vázquez

33054600N

378/X/17

1,2

Amalia Castiñeira Gónzalez

32360679R

393/X/17

3,4

Documentación requirida

Descrición do requirimento

D.1

Renda 2016 da interesada e cónxuxe

D.2

Copia cotexada dos seus pasaportes (todas as follas)

D.3

Solicitude

D.4

Renda 2015 e 2016 da nai da interesada