Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 28 de agosto de 2017 Páx. 40677

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1065/2017 M).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso suplicación 1065/2017

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 268/2015 Xulgado do Social número 4 de Vigo

Recorrente: Antonio Alonso Navia

Avogado: Juan Rafael Pazos Pesado

Procuradora: Raquel Iglesias Regueira

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Deputación Provincial de Pontevedra, Pipeworks, S.L., Mutua Universal Mugenat, Mutua a Fraternidade Muprespa, Mutua Colaboradora coa Seguridade Social nº 275, Fremap, Mutua de Accidentes de Traballo y Enfermidades Profesionais nº 61, Mutual Midat Cyclops, SDM Marine and Industrial Works, S.L., Jalsoldar, S.L., Imega Morrazo, S.L.

Avogados: letrado da Seguridade Social, letrado da Seguridade Social, Alberto Gallego Rivera, Jacobo Sáenz-Diez Blázquez, Carlota Peláez Sabell, Juan Carlos Vázquez García, María Araceli Martínez Araujo, José Luis Feijoo Borrego, Amparo Moreno Iñarrea Procuradores: Antonio Pardo Fabeiro, Concepción Pérez García

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 1065/2017 desta sección, seguido por instancia de Antonio Alonso Navia contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Deputacion Provincial de Pontevedra, Pipeworks, S.L., Mutua Universal Mugenat, Mutua a Fraternidade Muprespa, Mutua Colaboradora coa Seguridade Social nº 275, Fremap, Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais nº 61, Mutual Midat Cyclops, SDM Marine and Industrial Works, S.L., Jalsoldar, S.L., Imega Morrazo, S.L., sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos:

Que estimando en parte o recurso de suplicación interposto por Antonio Alonso Navia contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 4 de Vigo de reforzo, de data do 11 de novembro de 2016, e con revogación do seu decido debemos declarar que o demandante se encontra en situación de incapacidade permanente parcial derivada de enfermidade profesional con dereito a percibir a prestación correspondente con cargo á Mutua de Accidentes de Traballo A Fraternidade Muprespa.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia"” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa senteza, pronunciámolo, mandamos e asinamos».

E para que sirva de notificación en legal forma a Imega Morrazo, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza