Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 28 de agosto de 2017 Páx. 40682

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (DSP 13/2017).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento 13/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Carmen Saborido Caamaño contra a empresa García Gerpe, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, ditouse a resolución que se sinala, cuxo texto íntegro está a disposición do interesado na sede do xulgado:

Auto de aclaración da sentenza contra o cal non cabe interpoñer recurso, sen prexuízo dos recursos que poidan interpoñerse fronte á resolución aclarada.

E para que sirva de notificación en legal forma a García Gerpe, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 26 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza