Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 25 de agosto de 2017 Páx. 40611

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 1 de agosto de 2017, da Área Provincial de Ourense, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia do acordo de inicio de procedemento sancionador.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro dos ditos actos deberase efectuar na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Ourense, sita na rúa Sáenz Díez, nº 1, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 1 de agosto de 2017

A xefa da Área Provincial de Ourense
P.S. (Resolución do 28.7.2017)
Manuel Álvarez Iglesias
Xefe da Sección de Subvencións e Tramitacións de Ourense

ANEXO

Acto obxecto de notificación: acordo de inicio de procedemento sancionador.

Expediente

Persoa interesada

DNI/NIE/NIF

ES-OU-6/2017

Roger Pacios Pérez

...312B