Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 24 de agosto de 2017 Páx. 40446

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 2017, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo procedemento ordinario 4438/2017, interposto por Unións Agrarias-UPA.

A Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias recibiu oficio da Sección 2ª da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, mediante o que, unha vez admitido a trámite o recurso contencioso-administrativo PO 4438/2017, interposto por Unións Agrarias-UPA contra a Resolución do 19 de xullo de 2017, da Consellería do Medio Rural, pola que se inadmite o Recurso do 14 de xullo, de 2017 presentado por José Ramón González Rodríguez, en nome e representación de Unións Agrarias-UPA.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido tribunal.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 9 días (nove), contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2017

Belén Mª do Campo Piñeiro
Directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias