Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 24 de agosto de 2017 Páx. 40442

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2017 pola que se anuncia a contratación polo procedemento aberto, suxeita a regulación harmonizada, con tramitación ordinaria da subministración mediante a modalidade de renting de 98 vehículos para os servizos de prevención e defensa contra incendios forestais (expediente 21/2017).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de 98 vehículos mediante a modalidade de renting pola Consellería do Medio Rural con destino aos servizos de prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2017 a 2021.

c) División por lotes e número: si. Lote 1: setenta e oito (78) vehículos de tipo 4×4; lote 2: vinte (20) vehículos tipo turismo.

d) Prazo de execución: 48 meses máis o número de días ofertados a maiores pola empresa adxudicataria, se é o caso. O cómputo do prazo iníciase a partir da sinatura da acta de entrega dos vehículos.

e) Admisión de prórroga: si, posible prórroga por 24 meses, en períodos anuais.

f) CPV: 34113200-4: vehículos todo terreo (lote 1); 34111200: automóbiles de turismo (lote 2).

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria, procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares (automáticos).

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 3.312.000,00 €, IVE (21 %): 695.520,00 €. Importe total: 4.007.520,00 €.

A distribución por lotes e anualidades especifícase no prego de cláusulas administrativas particulares.

Valor estimado: 4.968.000,00 € (incluídas posibles prórrogas).

5. Financiamento: cofinanciado parcialmente, no marco do PDR de Galicia 2014-2020, con fondos Feader nun 75 %. Submedida 8.3 (axuda para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes), nun 7,5 % con fondos do Ministerio de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (Mapama) e nun 17,50 % con fondos da Xunta de Galicia.

6. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional segundo o disposto nas alíneas I e J do cadro de características do PCAP.

7. Garantías esixidas: definitiva do 5 % do orzamento de licitación, excluído o IVE (lote 1: 149.760,00 €; lote 2: 15.840,00 €).

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, 4, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 37 e 981 54 57 48 (consultas administrativas); 981 54 61 30 e 981 54 60 64 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Correo electrónico: licitacion.mediorural@xunta.gal

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, de luns a venres das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través de internet no enderezo: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=172079

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o 11 de setembro de 2017.

b) Documentación a presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Xeral e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela); poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro xeral. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47), ou ben ao enderezo de correo electrónico licitacion.mediorural@xunta.gal

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do 21 de setembro de 2017.

11. Gastos de publicidade: os custos dos anuncios no DOG e no BOE serán por conta dos adxudicatarios.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial da Unión Europea: 1 de agosto de 2017.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2017

A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural