Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 24 de agosto de 2017 Páx. 40436

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2017 pola que se fai pública a adxudicación e a formalización dun seguro de accidentes, de responsabilidade civil e de asistencia na viaxe para as actividades que organiza a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado (expediente 4/2017).

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a adxudicación e a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

c) Número de expediente: 4/2017.

d) Perfil del contratante: www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=146534

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato privado.

b) Descrición do obxecto: garantir as condicións de seguridade e asistencia e a responsabilidade civil das actividades que organiza a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia núm. 75, do 19 de abril de 2017.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: sesenta mil euros (60.000 €).

5. Adxudicación e formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 4 de xullo de 2017.

b) Contratista: Helvetia Compañía Suiza, Sociedad Anónima de Seguros y Reaseguros.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: vinte e catro mil novecentos oitenta e sete euros (24.987 €).

e) Data de formalización: 4 de xullo de 2017.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2017

O conselleiro de Política Social
P.D. (Artigo 1 da Orde do 3.3.2016)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social