Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 24 de agosto de 2017 Páx. 40434

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2017, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se publica a formalización do contrato do servizo de restauración, limpeza e acondicionamento das instalacións do albergue xuvenil As Sinas en Vilanova de Arousa e do servizo de restauración, incluíndo limpeza, acondicionamento, montaxe e desmontaxe das instalacións do campo de traballo Islas Cíes en Vigo, campamento xuvenil Isla de Ons en Bueu e campamento xuvenil Pontemaril en Forcarei.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, publícase a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.

c) Número de expedientes: 1.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

2. Obxecto da contratación:

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: restauración, limpeza e acondicionamento das instalacións do albergue xuvenil As Sinas en Vilanova de Arousa e do servizo de restauración, incluíndo limpeza, acondicionamento, montaxe e desmontaxe das instalacións do campo de traballo Islas Cíes en Vigo, campamento xuvenil Isla de Ons en Bueu e campamento xuvenil Pontemaril en Forcarei.

c) CPV: 55243000-5.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia núm. 74, do 18 de abril de 2017.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto, contratación documentalmente simplificada.

4. Orzamento base de licitación:

Orzamento: 241.999,13 €. IVE (10 %): 24.199,91 €. Total 266.199,04 €.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 23 de maio de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 16 de xuño de 2017.

c) Adxudicatario: Galicia Vella de Inversiones y Logística, S.L.

d) Nacionalidade: española.

e) Importe de adxudicación: 239.242,29 €, IVE (10 %): 23.924,23 €, total 263.166,52 €, para o verán de 2017 (desde o 22 de xuño ata o 12 de setembro).

f) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no PCAP.

Vigo, 31 de xullo de 2017

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo