Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 24 de agosto de 2017 Páx. 40425

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 2017/97-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Media Markt Santiago de Compostela, S.A.

Domicilio social: Parque Empresarial Mas Blau, rúa Garrotxa 2-4, edif. Océano 2, 08820 El Prat de Llobregat.

Título: proxecto eléctrico de media tensión para a instalación dun centro de seccionamento para un local comercial sito no Centro Comercial Costa Vella, rúa de Malta 2, SUNP 37, Polígono Industrial Costa Vella, Amio, Santiago de Compostela.

Situación: rúa de Malta, 2, SUNP 37, Polígono Industrial Costa Vella, Amio, Santiago de Compostela.

Descricións técnicas:

Centro de seccionamento subterráneo en edificio prefabricado, celas prefabricadas de entrada, saída e derivación con interruptores-seccionadores (24 kV, 400 A,20 kA).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións neste xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo Monelos, rúa Vicente Ferrer 2-1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ao da publicación, artigos 30 e 83 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 27 de xuño de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña