1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica. Subdirección Xeral de Construcións e Equipamento.
2. Obxecto do contrato:
a) Descrición do obxecto: obra de peche de pista para sala de usos múltiples no IES Plurilingüe de Ames.
b) Lugar de execución: Ames (A Coruña).
c) Prazo de execución: 5 meses.
d) Clasificación: non se exixe. En substitución da solvencia os licitadores poderán presentar a seguinte clasificación: grupo C, categoría 3.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma de adxudicación: oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran nos puntos 15 e 16 do cadro de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Orzamento base de licitación:
a) Valor estimado: 431.414, 94 €.
b) IVE: 90.597,14 €.
c) Importe total: 522.012,08 €.
5. Garantía provisional:
a) 2 % do importe do orzamento base de licitación (IVE excluído) (8.628,30 €).
6. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Secretaría Xeral Técnica. Subdirección Xeral de Construcións e Equipamento.
b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).
c) Teléfono: 981 54 44 55.
d) Poderanse consultar e/ou obter o prego tipo de cláusulas administrativas e o correspondente cadro de especificacións particulares, así como a información relativa a esta contratación no seguinte enderezo da internet:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N= 192911
7. Presentación das ofertas:
a) Prazo de presentación: as proposicións presentaranse no prazo de vinte e seis (26) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego tipo de cláusulas administrativas e no cadro de especificacións particulares.
c) Lugar de presentación:
i) Entidade: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou por correo.
Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (881 99 91 49) no mesmo día.
ii) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).
8. Apertura das ofertas:
a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela (A Coruña).
c) A apertura dos sobres B e C publicarase no perfil do contratante.
9. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 18 de agosto de 2017
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria